Noticias

Milesios presentará o 1 de abril na Casa-Museo o seu novo traballo "indoevindo"

2017.04.01--milesios.jpg

Nunha das pezas do traballo póñenlle música ao poema de Manuel María "Anceio", pertencente ao poemario Advento
 

O vindeiro 1 de abril, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, ás 20 horas, contaremos coa presenza do grupo de música folk Milesios, que nos presentará o seu novo traballo que leva por título indoevindo.

O traballo, inspirado nas viaxes do cotiá, continúa a explorar as relacións entre a música galega e a música irlandesa con pezas que beben de ambas as tradicións e outras de composición propia.

Milesios leva xa sete anos polos cenarios de toda Galiza, compartindo cartaz con grupos como Berrogüetto, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque, entre outros.

Nunha das pezas deste traballo poñenlle música ao poema Anceio, pertencente ao libro Advento de Manuel María.

O prezo do billete para presenciar o concerto é de 5 euros e pódese reservar no seguinte correo electrónico, contacto@casamuseomanuelmaria.gal, ou chamando ao teléfono 698177621.