Noticias

"Memoria da Chaira Enteira", celebración que Xermolos e a Irmandade Manuel María organizan, máis un ano, no cabodano de Manuel María

img-20170831-wa0003.jpg

Será este próximo 8 de setembro e no seu transcurso entregaranse as navallas de Manuel María a Anxo Lamas e, de xeito póstumo, a Agustín Fernández Paz

Este vindeiro venres, día 8, a asociación cultural Xermolos e mais a Irmandade Manuel María levarán a cabo "Memoria da Chaira Enteira", actividade por volta do cabodano de Manuel María.

O encontro ten o seguinte horario:

-14.30, xantar da Irmandade no restaurante río Ladra (Gaioso).

-16.00, proxección do documentario "Cantando a Manuel María" de Gonzalo Veloso.

-18.00, recital poético en Penas de Rodas.

-19.00, acto no cemiterio de Outeiro de Rei. Benvida co canto da Irmandade, "O Carro" de Manuel María e Mero.

-19.30, entrega das navallas de Manuel María na carballeira de Santa Isabel a Anxo Lamas e, de xeito póstumo, a Agustín Fernández Paz. Presentan David Otero e Mero Iglesias.

Recital de poesía e música por parte de gaiteiro Raúl Galego, Mini e Mero, Antón Valcarce, Miro Casabella, Tino Baz, Quintas Canella...

Para se apuntar ao xantar hai que chamar ao número 646413890