Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Será este próximo 8 de setembro e no seu transcurso entregaranse as navallas de Manuel María a Anxo Lamas e, de xeito póstumo, a Agustín Fernández Paz
Este vindeiro venres, día 8, a asociación cultural Xermolos e mais a Irmandade Manuel María levarán a cabo "Memoria da Chaira Enteira", actividade por volta do cabodano de Manuel María.
O encontro ten o seguinte horario:
-14.30, xantar da Irmandade no restaurante río Ladra (Gaioso).
-16.00, proxección do documentario "Cantando a Manuel María" de Gonzalo Veloso.
-18.00, recital poético en Penas de Rodas.
-19.00, acto no cemiterio de Outeiro de Rei. Benvida co canto da Irmandade, "O Carro" de Manuel María e Mero.
-19.30, entrega das navallas de Manuel María na carballeira de Santa Isabel a Anxo Lamas e, de xeito póstumo, a Agustín Fernández Paz. Presentan David Otero e Mero Iglesias.
Recital de poesía e música por parte de gaiteiro Raúl Galego, Mini e Mero, Antón Valcarce, Miro Casabella, Tino Baz, Quintas Canella...
Para se apuntar ao xantar hai que chamar ao número 646413890