Noticias

Manuel María, sempre e para sempre en nós

fotosmanuelmaria_02041.jpg

Este venres, día 6 de outubro, cúmprense 88 anos do nacemento de Manuel María

Este venres, día 6 de outubro, cúmprense 88 anos do nacemento de Manuel María, un dos grandes escritores das nosas letras e un poeta con maiúsculas. 

A súa extensa produción literaria é unha obra monumental que produciu algúns dos máis elevados cumios da nosa poesía contemporánea. Escritor comprometido coa restauración da lingua galega, coa restauración e enriquecemento da nosa literatura en todas as súas expresións e coa política activa, desde o nacionalismo, en prol do noso país.

"Manuel María, sempre e para sempre en nós, abríndonos a Galiza, á intimidade e ao asombro, ao humanismo, á palabra clara, cargada de pólvora, e ao verbo máis delicado..."