Fundación Manuel María de Estudos Galegos
Este venres, día 6 de outubro, cúmprense 88 anos do nacemento de Manuel María
Este venres, día 6 de outubro, cúmprense 88 anos do nacemento de Manuel María, un dos grandes escritores das nosas letras e un poeta con maiúsculas.
A súa extensa produción literaria é unha obra monumental que produciu algúns dos máis elevados cumios da nosa poesía contemporánea. Escritor comprometido coa restauración da lingua galega, coa restauración e enriquecemento da nosa literatura en todas as súas expresións e coa política activa, desde o nacionalismo, en prol do noso país.
"Manuel María, sempre e para sempre en nós, abríndonos a Galiza, á intimidade e ao asombro, ao humanismo, á palabra clara, cargada de pólvora, e ao verbo máis delicado..."