Noticias

"Manuel María. Beleza, amor e compromiso" está instalada no IES Miraflores de Oleiros

img-20181005-wa0001.jpg

08/10/2018

A exposición, que é un percurso pola traxectoria vital e literaria de Manuel María, estará exposta durante todo o mes de outubro.

"Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)", mostra comisariada pola Casa-Museo Manuel María e composta de 11 paneis, estará exposta durante o mes de outubro no IES MIraflores de Oleiros. A exposición reflicte a personalidade e evolución da obra de Manuel María, así como distintos aspectos da súa figura como  a identificación coa terra e a paisaxe, o compromiso coa lingua, a diversidade de xéneros, o seu papel na literatura infantil galega ou a súa actividade política nacionalista.