Noticias

Case trinta centros educativos fixeron a súa preinscrición para participaren no Concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva"

vlcsnap-2018-03-12-10h33m53s411.png
01/03/2019

Os centros teñen até o 21 de marzo para comunicaren o nome das alumnas e alumnos que participarán en cada categoría e o poema que recitarán

O pasado 21 de febreiro rematou o prazo para se preinscribir na V edición do Concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva", cuxa fase final celebrarase o próximo 6 de abril na Casa-Museo Manuel María, e que ten por finalidade a potenciacion da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía e Manuel María.

Case trinta centros de ensino de toda Galiza fixeron a preinscrición e agora teñen até o 21 de marzo para comunicaren o nome das alumnas e alumnos que participarán en cada categoría e o poema que recitarán.

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo