Fundación Manuel María de Estudos Galegos
01/03/2019
Os centros teñen até o 21 de marzo para comunicaren o nome das alumnas e alumnos que participarán en cada categoría e o poema que recitarán
O pasado 21 de febreiro rematou o prazo para se preinscribir na V edición do Concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva", cuxa fase final celebrarase o próximo 6 de abril na Casa-Museo Manuel María, e que ten por finalidade a potenciacion da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía e Manuel María.
Case trinta centros de ensino de toda Galiza fixeron a preinscrición e agora teñen até o 21 de marzo para comunicaren o nome das alumnas e alumnos que participarán en cada categoría e o poema que recitarán.