Noticias

Máis de 300 persoas déronse cita este sábado na Casa-Museo Manuel María no concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”

p1080125.jpg

10/03/2018

Máis de 300 persoas (alumnado, docentes e familiares) vidas de distintos puntos do país déronse cita este sábado, 10 de marzo, na Casa-Museo Manuel María para participaren na fase final do Concurso de recitado poético “Rosalía sempre viva”. 

O alumnado participante, de entre os 6 e os 18 anos, desenvolveu un concurso competitivo e emocionante, acandando, máis un ano, un nivel altísimo que puxo moi complicado o veredito do xurado formado pola poeta e profesora María Xosé Lamas, o actor e director teatral Anxo Manoel Lamelo e polo catedrático de instituto Eduardo Álvarez.

As persoas premiadas segundo as categorías foron: 
-1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): As alumnas e alumnos do CEIP Os Muíños de Moraime-Muxía, polo recitado do poema “O cuco” de Manuel María
-2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria): Izan Pérez Asensio do CEIP Barrantes de Tomiño, polo recitado do poema “Teño un niño de tolos pensamentos” de Rosalía
-3ª categoría (Educación Secundaria): Lucía Boullosa Álvarez do IES Francisco Asorey de Cambados, polo recitado do poema “Nasín cando as flores nasen” de Rosalía
-4ª categoría (Bacharelato e Ciclos Formativos): Diego Alonso Pita do IES Lois Peña Novo de Vilalba, polo recitado do poema “Que pracidamente brila...” de Rosalía

Alén das persoas premiadas, o xurado acordou conceder unha mención honorífica, na categoría 2, a Carla Martínez Papín, do CEIP Os Muíños de Moraime-Muxía, polo recitado do poema "Negra sombra" de Rosalía, e na categoría 3, a Bárbara Gargallo Méndez, do IES Marqués de Sargadelos, polo recitado de "Airiños, airiños, aires" de Rosalía 

A Casa-Museo Manuel María agradeceu a todos os presentes, alumnado finalista, familias e profesorado acompañante e público en xeral, a súa total colaboración para que a xornada de convivio decorrese con éxito 

Os centros participantes foron: CPI de Pontecesures, CEIP de Barrantes-Tomiño, CPI de Xanceda-Mesía, CEIP de Sigüeiro, CEIP Os Muíños de Moraime-Muxía, CEIP Ricardo Gasset do Incio, CEIP Albeiros de Lugo, CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Viveiro, CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra, CEIP Virxe do Carme de Sober, CEIP Arealonga de Vilagarcía, CPR Vila de Arenteiro do Carballiño, CPR Possumus de Vigo, IES de Elviña-A Coruña, IES Otero Pedraio da Coruña, IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa, IES Leiras Pulpeiro de Lugo, IES Marqués de Sargadelos de Cervo, IES Díaz Castro de Guitiriz, IES Muralla Romana de Lugo, IES Terra de Soneira de Vimianzo, IES Francisco Asorey de Cambados, IES Félix Muriel de Rianxo, IES de Melide, IES Lois Peña Novo de Vilalba e IES Ribeira do Louro de Porriño.

 

Galería de vídeos