Noticias

Lanzamento dunha nova edición d'As rúas do vento ceibe

o_image-43.jpg

Trátase, xunto cos Soños na gaiola, do título máis emblemático da literatura infantil de Manuel María. Publicouse, por vez primeira, en 1979. A nova edición inclúe un código para descarga dun DVD con dez poemas recitados por Manuel María.

As rúas do vento ceibe é a outra grande obra da "poesía infantil" de Manuel María, esta cunha orientación máis "urbana" que Os soños na gaiola. Sendo un libro de "versos para nen@s", incorpora tamén algúns poemas pensados para que as persoas adultas introduzan as máis pequenas no coñecemento de Galiza e da súa historia.