Noticias

"Laio e clamor pola Bretaña", novo libro reeditado pola Fundación Manuel María

portada-laio.jpg

28/04/2016

Vén de saír do prelo a quinta edición do libro de Manuel María "Laio e clamor pola Bretaña". Este poema é un emotivo, apaixonado e rexo alegato a prol dos dereitos dos pobos sen Estado a decidiren por si mesmos. A nova edición conta, como na primeira edición de 1973, cun prefacio de Francisco Rodríguez .
 

Manuel María, tras unha viaxe pola Bretaña en 1972, escribe este poema significativo, senlleiro  e vixente en que denuncia a situación da nación bretoa (emigración, represión centralista, lingua perseguida, subdesenvolvemento, explotación, abandono e colonización), identifícase como galego nela e canta a súa redención.

A nova edición, con capa de Julián Díaz, dá a posibilidade, a través dun código, de descargar un audio con todo o poema Laio e clamor pola Bretaña na voz de Manuel María.

O libro está xa á venda na tenda virtual da páxina web da Fundación Manuel María, cun prezo de 6 euros o exemplar.