Fundación Manuel María de Estudos Galegos
O dúo agasallou ao público cunha composición sobre o poema "Neve" de Manuel María
VooDoo anticipou no concerto da pasada noite na Casa-Museo Manuel María o que será o traballo que está próximo a editarse, así como outras cancións que conforman o seu repertorio. Música íntima e elegante de composicións propias ou baseadas na música tradicional que gozaron todas as persoas que se achegaron a Outeiro de Rei.
Para alén diso, os presentes puideron escoitar un agasallo, "Neve", unha canción baseada neste poema do libro Terra Chá de Manuel María, e que VooDoo interpretou por primeira vez.