Casa Museo Manuel María

Noticias

Finalistas do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e de Manuel María

formato-facebook-sen-logos1.jpg
09/05/2017

O xurado do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e de Manuel María, organizado pola Casa-Museo Manuel Maria, declarou no día de onte como finalistas os seguintes traballos: 
-Única moeda, de Uxía Silva (IES Manuel García Barros da Estrada)
-Vivir para ver, de Bárbara Gargallo Méndez, Héctor Izquierdo Otero e Iván Fernández Méndez (IES Marqués de Sargadelos de Cervo)
-Cantar de emigración, de Carla Díaz Pérez e Carla López López (IES A Pinguela de Monforte de Lemos)
-Quiroga, fáloche a ti,  de Marta Campos Mateo e Sara Casanova Martínez (IES de Quiroga)
-Cheguei a Fisterra, de Noa Fernández Morano (IES David Buján de Cambre)
-Saúdos, de Bárbara Santos de Menezes (IES David Buján de Cambre)
-Un día cediche ao amor inevitábel, de Marta Paz Martínez (IES David Buján de Cambre)
-Cando hai xentes que maltratan a palabra, de Lucía González Leobalde (IES David Buján de Cambre)
-Negra sombra, de Gloria Guindos Bretones (IES David Buján de Cambre)
-Labrego, de Ana Rascado Dopico (IES David Buján de Cambre)

Os videopoemas finalistas pasarán á seguinte fase do certame a celebrar o próximo día 20 de maio no auditorio da Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei). Ese día farase unha proxección pública dos traballos finalistas e concederanse os premios.
A xornada, en que están convidadas todas as persoas participantes, así como as persoas e/ou familiares que as acompañen, e o público en xeral, terá o seguinte desenvolvemento:
Ás 11:30: Chegada e acomodación dos/as participantes.
Ás 11:35: Presentación e proxección dos videopoemas finalistas. 
Ás 12:05: Espectáculo de maxia a cargo do mago David Méndez 
Ás 12:30. Entrega de premios e finalización do acto
Ás 12:45. Visita guiada da Casa-Museo Manuel María

 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo