Fundación Manuel María de Estudos Galegos
24/05/2016, ás 20.30 horas - Auditorio do Centro Ágora da Coruña
Ás 20.30 horas. Coas actuacións musicais de Parabéns e Mini e Mero e recitado de poemas acompañado de canto e baile tradicionais
A Asociación veciñal da Agra do Orzán e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña organizan este martes ás 20.30 horas, coa colaboración do Concello, a segunda edición do Festival de Música e Poesía Ferrados de Letras. Nesta ocasión o dito festival será un acto poético-musical de homenaxe a Manuel María:
O festival comezará ás 20.30 cun recitado de textos poéticos de Manuel María acompañado do canto e do baile tradicionais; unha proposta escénica baixo o nome A Forza da Palabra. Completarase máis adiante coas actuacións musicais de Parabéns e Mini e Mero.