Casa Museo Manuel María

Noticias

Este sábado celébrase a fase final do Concurso de videopoemas sobre composicións de Rosalía e Manuel María

formato-facebookb.jpg
18/05/2017

O ilusionista David Méndez realizará, durante o acto aberto ao público, un espectáculo de maxia

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, día 20, ás 11,30 a fase final da primeira edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. Dez, son os videopoemas seleccionados polo xurado para pasaren a esta última fase, entre os setenta traballos presentados por mozas e mozos de ensino non universitario de distintos centros da Galiza. En concreto os traballos finalistas son:  
-Única moeda, de Uxía Silva (IES Manuel García Barros da Estrada)
-Vivir para ver, de Bárbara Gargallo Méndez, Héctor Izquierdo Otero e Iván Fernández Méndez (IES Marqués de Sargadelos de Cervo)
-Cantar de emigración, de Carla Díaz Pérez e Carla López López (IES A Pinguela de Monforte de Lemos)
-Quiroga, fáloche a ti,  de Marta Campos Mateo e Sara Casanova Martínez (IES de Quiroga)
-Cheguei a Fisterra, de Noa Fernández Morano (IES David Buján de Cambre)
-Saúdos, de Bárbara Santos de Menezes (IES David Buján de Cambre)
-Un día cediche ao amor inevitábel, de Marta Paz Martínez (IES David Buján de Cambre)
-Cando hai xentes que maltratan a palabra, de Lucía González Leobalde (IES David Buján de Cambre)
-Negra sombra, de Gloria Guindos Bretones (IES David Buján de Cambre)
-Labrego, de Ana Rascado Dopico (IES David Buján de Cambre)

Os dous mellores videopoemas deste certame, que ten por finalidade a potenciación da creatividade artística a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra de Rosalía de Castro e Manuel María, terán como premio unha tablet. Todos os finalistas recibirán como agasallo un libro de Manuel María, ademais do seu correspondente diploma. 

Durante o transcurso do evento, que é aberto ao público, o ilusionista, natural de Outeiro de Rei, David Méndez ofrecerá aos asistentes un espectáculo de maxia interactivo e participativo.

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo