Noticias

Este sábado, 6 de outubro, aniversario de Manuel María, presentouse a edición da súa Obra Teatral

p1070720.jpg

08/10/2018

María Pilar García Negro, profesora da UdC e estudosa do teatro de Manuel María, foi a persoa que dirixiu esta edición

O volume da Obra Teatral de Manuel María é xa unha realidade tras a súa presentación este pasado sábado, na Casa-Museo Manuel María, por parte da persoa responsábel da súa edición, a profesora María Pilar García Negro. 

A obra reúne 33 pezas dramáticas, algunhas delas inéditas ou de moi difícil localización, e esta edición supón unha salientábel nova para a literatura e o teatro galego.