Fundación Manuel María de Estudos Galegos
08/10/2018
María Pilar García Negro, profesora da UdC e estudosa do teatro de Manuel María, foi a persoa que dirixiu esta edición
O volume da Obra Teatral de Manuel María é xa unha realidade tras a súa presentación este pasado sábado, na Casa-Museo Manuel María, por parte da persoa responsábel da súa edición, a profesora María Pilar García Negro.
A obra reúne 33 pezas dramáticas, algunhas delas inéditas ou de moi difícil localización, e esta edición supón unha salientábel nova para a literatura e o teatro galego.