Noticias

Sesenta anos da redacción de "Entre a arxila e a luz", primeiro poemario amoroso dedicado a Saleta

fotosmanuelmaria_01329.jpg

 

Entre a arxila e a luz, primeiro poemario amoroso dedicado a Saleta, cumpre este ano 2017 sesenta anos da súa redacción. 

Manuel María coñece a Saleta en Lugo, en 1955, cidade onde mora con seu pai tras a guerra despois de ter que renunciar a súa praza de secretario do Concello de Castro de Rei para non ser asasinado polos falanxistas. Manuel María vai recrear neste libro os meses de 1955 e 1956, onde está a agromar no seu corazón o amor por Saleta, que como sinala na súa dedicatoria "fixeche florecer, para sempre, a miña arxila".

O poemario coñeceu dúas edicións en formato dixital, a primeira, en 2002, pódese ler na Biblioteca Virtual Galega, na seguinte ligazón http://bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Enaareal1&id_edicion=Enaareal1001&cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DEnaareal1%26alias%3DManuel%2BMar%25EDa%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EEntre+a+arxila+e+a+luz%3C%2Fa%3E&alias=Manuel+Mar%EDa&formato=texto