Noticias

CUARTA XUSTA interpretará acusticamente o seu traballo discográfico "Un novo espertar"

xusta.jpg

O grupo de rock melidense actúa este sábado, día 20,  ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María

CUARTA XUSTA, o grupo de rock melidense, interpretará, este sábado, día 20, na Casa-Museo Manuel María, o seu traballo discográfico “Un novo espertar”.
As persoas asistentes poderán escoitar a interpretación acústica dos temas de contido social e reivindicativo que compoñen o seu primeiro traballo e no que colaboraron varios artistas da escena musical galega como Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zënzar, Jasper de Nao ou Javi Maneiro de Herdeiros da Crus. 
Baixo o lema “Berrar con música as inxustizas que nos rodean”, Aida (cantante), Marta (guitarra e violín), Lúa (batería), Alberto (guitarra) e Alba (baixo), iniciaron a súa actividade en 2016 con temas en galego que parten das inquedanzas da nosa sociedade, e desde entón non pararon de dar concertos e tocar en distintos festivais de toda a xeografía galega. 
As persoas interesadas en se achegar á Casa-Museo deben reservar a entrada (billete 5 euros), quer escribindo a contacto@casamuseomanuelmaria.gal, quer chamando ao 698177621.

 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo