Noticias

Convócase unha nova edición do Concurso escolar de recitado de poesía "Rosalía sempre viva"

p1010458.jpg

- Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei

Os centros escolares que desexaren participar poderanse preinscribir até o día 22 de xaneiro. Posteriormente, antes do 12 de febreiro deberán comunicar o nome do alumnado que pasará á fase final e o poema que recitarán

A Casa-Museo Manuel María convoca o Concurso de recitado de poesía destinado ao alumnado de ensino non universitario sobre poemas de Rosalía e Manuel María.

BASES

1.- OBXECTIVO

Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía de Castro e de Manuel María, para celebrarmos así o aniversario da nosa escritora máis universal.

2.- PERSOAS DESTINATARIAS

O concurso ten carácter individual e vai destinado a todo o alumnado galego de calquera nivel do ensino non universitario. No caso do alumnado de infantil e de primeiro e segundo curso de primaria tamén poderá participar en grupo.

3.- CATEGORÍAS

Estabelécense as seguintes categorías:

  1. Educación infantil, 1º e 2º curso de primaria.

  2. 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

  3. Educación secundaria.

  4. Bacharelato.

4.- FASES

Contémplanse dúas fases:

  • Fase de centros:

a) Será organizada por cada centro aténdose unicamente ás bases e condicións que cada un deles estabelecer.

b) Cada centro seleccionará un máximo de 2 alumnos/as por categoría para a súa participación na segunda fase. Na categoría de Infantil e primeiro ciclo de primaria poderase seleccionar un grupo (toda a clase ou parte dela), sempre que na segunda fase recitaren un único poema en acto único.

  • Fase final:

a) Nesta fase participarán aqueles/as alumnos/as que foren seleccionados/as na primeira fase.

b) Consistirá no recitado dunha única poesía escollida libremente de entre a obra en galego de Rosalía de Castro ou a de Manuel María.

  1. Valorarase a autenticidade e naturalidade do recitado, ton, timbre, ritmo, pausas, dicción, inflexión da voz e expresividade. Tamén se valorará a súa memorización e o seu nivel de dificultade.

  1. PRAZOS

  1. Os centros participantes deberán facer a súa preinscrición antes do 22 de xaneiro de 2016. Pódeno facer por correo electrónico en fundacion@manuelmaria.com ou en contacto@casamuseomanuelmaria.gal. A Casa-Museo confirmará ao centro a recepción da solicitude.

  2. En función do número de preinscritos, a organización comunicará aos centros o número de alumnos/as que poden participar na fase final en cada unha das categorías.

  3. Os centros deberán comunicar á Casa-Museo antes do 12 de febreiro o nome dos/as alumnos/as que participan en cada categoría e o poema que recitarán.

  1. FASE FINAL

a) A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 27 de febreiro e incluirase dentro dun conxunto de actividades sobre Rosalía (audiovisuais, exposición...) coincidindo co aniversario da escritora.

b) O concurso consistirá no recitado dun único poema por cada participante escollido libremente entre a obra en galego de Rosalía de Castro ou a de Manuel María.

  1. O XURADO

a) O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades. Actuará como secretaria unha persoa representante da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

b) O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.

  1. PREMIOS

a) Os premios na primeira fase, caso de os haber, serán determinados e patrocinados por cada centro.

b) Na segunda fase concederanse catro premios individuais, un por cada categoría, consistentes nunha tablet e diploma.

c) Tamén se concede un premio, consistente nun lote de libros, para aquel centro que tiver máis participantes na fase final, entendendo por tal aquel centro que recite máis poemas. No caso de empate, primará o que recibir máis galardóns.

d) O xurado poderá conceder Mencións Honoríficas a aquelas persoas participantes que considerar oportuno, recibindo neste caso os/as galardoados/as un pequeno lote de libros.

e) Todos e todas as concursantes da fase final recibirán un diploma acreditativo de teren participado no Concurso.

  1. OUTROS REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA FASE FINAL

a) Cada persoa participante deberá enviar a autorización de pais/nais ou titores/as legais para a filmación da proba e posterior divulgación.

b) O acompañamento do alumnado participante e a súa custodia na fase final correrá por conta das súas familias ou titores/as legais.

A participación no concurso leva consigo a aceptación destas bases.