Noticias

Convócase a primeira edición do certame de murais "Daniel R. Castelao. Construindo Galiza"

cartazconcursomuros.png

06/06/2018

A Plataforma Via Galega, da que forma parte a Fundación Manuel María, é a impulsora deste concurso

Via Galega, a Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza, da que forma parte a Fundación Manuel María de Estudos Galegos vén de convocar un Concurso de murais "Daniel R. Castelao. Construíndo Galiza".

As bases do certame son as seguintes: 
CONCURSO DE MURAIS: “DANIEL R. CASTELAO. CONSTRUINDO A GALIZA”

O obxectivo de este concurso é o de fomentar a atividade creativa pontenciando a conciencia nacional do noso pobo.

Os muros escollidos para a realización dos murais deben estar en estado de deterioración e, sempre que sexa posíbel, dentro das pautas que marca a lexislación municipal vixente.

Recomendamos tirar unha foto da situación do muro antes de facerdes o voso traballo.

1.- PARTICIPANTES

Poderán participar neste concurso todas as galegas e galegos, de maneira individual ou colectiva, incluíndo aquelas que se encontraren na emigración, encamiñando os seus traballos no prazo indicado nas presentes bases.

2.- CATEGORÍAS

Establécese unha única categoría.

3.- TEMÁTICA

A temática das obras presentadas terán que ter unha ligazón obrigatoria con Galiza como nación e/ou o seu dereito a decidir. Dentro da liberdade creativa de cada artista, recomendamos que se recolla a lexenda “Construindo Galiza”.

4.-PRAZOS
Os traballos poderán presentarse de 17 de maio a 1 de setembro, encamiñando unha foto do mesmo ao enderezo eletrónico: coordenadora@viagalega.gal. No corpo da mensaxe terán de asinalarse o título e a persoa ou persoas autoras.
A Plataforma Via Galega comunicará o 15 de setembro o mural gañador.

5.- O XURI

O xúri será composto por cinco pessoas, 3 ligadas ao mundo das artes e 2 da coordenadora da nosa entidade.
O xúri reunirase na primeira semana de setembro, emitindo ditame nese mesmo día e con carácter inapelábel
Se así se considerar, o prémio poderá ficar deserto.

6.- PRÉMIOS

Concederanse prémios aos dous mellores murais, segundo o ditame do xúri, emitido o dia da súa realización, que consistirán en:

1º Figura conmemorativa realizada ad hoc

2º Lote de material de obras editadas polas entidades que compoñem Vía Galega

Os premios son únicos, independentemente do número de persoas que participaren na realización dos murais

7.- OUTROS REQUISITOS

As persoas participantes ceden de modo gratuito os dereitos de reprodución e comunicación pública das suas criacións, con o fin de que o mural premiado, e os restanets, poidan ser divulgados a través do web e das redes sociais da Plataforma Via Galega.

A participación no concurso supón a aceptación destas bases e o incumprimento dalgunha implicará a non aceptación do traballo presentado.

Calquera cuestión referida á interpretación e esclarecemento das bases corresponde á organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.