Noticias

"Manuel María e o teatro", conferencia impartida pola profesora da UdC Pilar García Negro no ano do 60 aniversario da peza "Auto do taberneiro"

vlcsnap-2017-08-21-13h05m18s381.png

21/08/2017

Con "Auto do taberneiro" Manuel María iniciou o camiño como autor dramático en 1957.

Manuel María iniciou o seu camiño como autor dramático en 1957 (hai 60 anos), publicando na revista "Quatro Ventos" de Braga "Auto do taberneiro". 
Consciente do valor didáctico do teatro e da súa capacidade de intervención, escribiu nada menos que 36 obras de moi distinto formato (farsas, autos, pezas infantís...) e de temática moi diferente. A maioría destas pezas aínda están inéditas.
A seguir está a ligazón da conferencia impartida este ano pola profesora da UdC Pilar García Negro na Agrupación Alexandre Bóveda da Coruña sobre "Manuel María e o teatro" e que recentemente se acaba de publicar
https://www.youtube.com/watch?v=gwgQKOL8-V8