Noticias

Concédense os premios do V Certame de poesia Manuel María da Casa de Galiza en Gipuzkoa

capturamm-720x340.jpg
04/06/2017

Rocío Leira Castro gaña o primeiro premio co poema "O teu exterminio sobre min"

Onte concedéronse os premios do V Certame de poesía Manuel María, organizado pola Casa de Galiza en Gipuzkoa. A resolución do xuri foi a seguinte:

En Donostia, 3 de xuño do ano 2017, reunido o xurado, integrado por D. Xosé Estévez,historiador e profesor xubilado da UD, Dona Rosalía Ferreiro, lectora de galego da UPV, en Vitoria-Gasteiz, e Dona Ana Bastos, lectora de galego da UD, en Bilbo, acordaron conceder os seguintes premios:
-1º Premio: Dona Rocío Leira Castro,de Cee (A Coruña), polo poema:"O teu exterminio sobre min", dotado con 400 euros.
-2º Premio: D. Martiño Maseda Lozano, de Vilalba (Lugo), polo poema:"Ti,(Des)amor", dotado con 200 euros.
-3º Premio:Dona Lucía Amaro Losada, de Monforte de Lemos (Lugo), polo poema:"Ególatra", dotado con 100 euros.

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo