Noticias

CEIP Raquel Camacho, CEIP San Pedro de Visma e o IES da Agra do Orzán celebran este xoves, no Centro Ágora, un encontro por volta do poemario "Os soños na gaiola"

p1080527.jpg

19/03/2019

Este xoves, día 21 de marzo, Día da Poesía, a partir das 12.30, tres centros educativos coruñeses, o CEIP Raquel Camacho, CEIP San Pedro de Visma e o IES Agra do Orzán, mostrarán no Centro Ágora distintos traballos baseados na música e no recitado poético que, sobre Os soños na gaiola de Manuel María, levan traballando nos últimos meses. 

O acto promovido pola Casa-Museo Manuel María e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, durará 50 minutos, será presentado pola actriz Isabel Risco, e ten por obxectivo celebraren os 50 anos da primeira edición deste libro referencial da literatura infantil en galego.