Noticias

Cáseque trinta centros educativos inscritos na terceira edición do concurso de recitado "Rosalía sempre viva"

imaxe-rosalia.jpg

Os CEIPs e IES teñen de comunicar antes do 3 de marzo o nome dos/as alumnos/as que participarán na fase final que se celebrará na Casa-Museo Manuel María o día 18 de marzo

Son cáseque unha trintena, os centros educativos de todo o país que participarán no concurso de recitado de poemas "Rosalía sempre viva", após rematar o prazo de preinscrición o pasado venres día 3 de febreiro.

Agora os IES e CEIPs desenvolverán, até o 3 de marzo, a fase do concurso nos seus propios centros para poderen seleccionar un máximo de dous alumnos/as por cada categoría para a súa participación na fase final a desenvolver o 18 de marzo, sábado, na Casa-Museo Manuel María