Dunia Sánchez Costa, do CEIP Canosa-Rus de Coristanco, co poema “Caracol”, e Paula García Vázquez, do CEIP Península da Paz, de Cervo, co poema “O cuco”, foron as gañadoras das dúas categorías de Primaria
Onte celebrouse a VIIª edición do Concurso escolar de recitado Rosalía sempre viva. O alumnado participante, de entre os 6 e os 18 anos, realizou un excelente concurso cun nivel altísimo que puxo moi complicado o veredito do xurado.
Os premiados segundo as categorías foron:
-1ª categoría (1º, 2º e 3º de primaria): Dunia Sánchez Costa, do CEIP Canosa-Rus de Coristanco, polo recitado do poema “Caracol” de Manuel María.
https://youtu.be/XocNdsqA-38
-2ª categoría (4º, 5º e 6º de primaria): Paula García Vázquez, do CEIP Península da Paz de Cervo, co poema “O cuco”.
https://youtu.be/D_Y6iYohmuQ
-3ª categoría (Educación Secundaria): Carme Pereira Troncoso, do Colexio Maristas A Inmaculada de Lugo, polo recitado do poema “Tristes recordos” de Rosalía de Castro.
https://youtu.be/nFjGxRT1S5s
-4ª categoría (Bacharelato e Ciclos Formativos): Lucía López Alvariño do IES Santiago Basanta Silva, polo recitado do poema “Eu ben vin estar o moucho” de Rosalía de Castro.
https://youtu.be/bp3RwFULfSY
Tamén recibiron unha mención honorífica Lara Arias Sanjurjo do CPI de Xanceda polo poema de Manuel María “A natureza”, na categoría segunda e, por outra parte, Sara Martínez Quindimil, do CPI de Xanceda, polo recitado do poema “Cando a luniña aparece”.
As fotos corresponden a:
1. Gañadoras da 1ª e 2ª categorías
2. Participantes finalistas da 1ª e 2ª categorías
3. Gañadoras da 3ª e 4ª categorías
4. Participantes finalistas da 3ª e 4ª categorías.