Noticias

Cantares do Brión grava un vídeo cun poema de Manuel María para expresar a carraxe contra os lumes e a esperanza e confianza nas propias forzas para a recuperación do noso medio

captura-de-pantalla-completa-01112017-172024.jpg
01/11/2017

O poema que interpretan é "Veleiquí, Outono, grande e puro" do poemario Poemas ao Outono (1977) 

O vídeo realizado por 1.1 Fotografía (Elia Fontes, Yanka Soto) sobre a poema de Manuel María, está musicado por  Luís Correa "Caruncho" e os arranxos son de Pablo Rial.
Con esta iniciativa, Cantares do Brión pretenden expresar a carraxe colectiva contra os lumes e tamén a esperanza e confianza nas propias forzas para a recuperación dos nosos montes, tomadas, lugares e poboacións.
O coro ofrece tamén a súa dispoñibilidade para participar en todo evento convocado por entidades comunais, encamiñadas á búsqueda de solucións para a catástrofe endémica que Galiza padece.

O vídeo pódese ver na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=QmTBnF-NixA

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo