Fundación Manuel María de Estudos Galegos
01/11/2017
O poema que interpretan é "Veleiquí, Outono, grande e puro" do poemario Poemas ao Outono (1977)
O vídeo realizado por 1.1 Fotografía (Elia Fontes, Yanka Soto) sobre a poema de Manuel María, está musicado por Luís Correa "Caruncho" e os arranxos son de Pablo Rial.
Con esta iniciativa, Cantares do Brión pretenden expresar a carraxe colectiva contra os lumes e tamén a esperanza e confianza nas propias forzas para a recuperación dos nosos montes, tomadas, lugares e poboacións.
O coro ofrece tamén a súa dispoñibilidade para participar en todo evento convocado por entidades comunais, encamiñadas á búsqueda de solucións para a catástrofe endémica que Galiza padece.
O vídeo pódese ver na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=QmTBnF-NixA