Noticias

As exposicións da Casa-Museo Manuel María xa están a exhibirse en distintos centros educativos do país

19.jpg
15/01/2019

Estes días a exposición "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía" exponse no CEIP Xesús Golmar de Lalín e "O Miño, canle de luz e néboa" encóntrase no IES Manuel Murguía de Arteixo

A Casa-Museo ten catro exposicións (Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!; O Miño, canle de luz e néboa; Manuel María, a palabra viva; Manuel María, beleza, amor e compromiso) que se moven de maneira gratuíta, durante todo o ano, polos distintos centros educativos de Galiza que as solicitan.

Así, na actualidade, e despois de pasar polo CEIP Arealonga de Vilagarcía de Arousa, "O Miño, canle de luz e néboa" está no IES Manuel Murguía de Arteixo, e para o mes de febreiro o seu destino serán as instalacións do IES Sanxilllao de Lugo. 

A exposición "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!" encóntrase en Lalín, no CEIP Xesús Golmar, e para febreiro o CEIP Montemogos de Beluso-Bueu e o IES de Ribadeo serán os seus destinos.

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo