Fundación Manuel María de Estudos Galegos
15/01/2019
Estes días a exposición "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía" exponse no CEIP Xesús Golmar de Lalín e "O Miño, canle de luz e néboa" encóntrase no IES Manuel Murguía de Arteixo
A Casa-Museo ten catro exposicións (Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!; O Miño, canle de luz e néboa; Manuel María, a palabra viva; Manuel María, beleza, amor e compromiso) que se moven de maneira gratuíta, durante todo o ano, polos distintos centros educativos de Galiza que as solicitan.
Así, na actualidade, e despois de pasar polo CEIP Arealonga de Vilagarcía de Arousa, "O Miño, canle de luz e néboa" está no IES Manuel Murguía de Arteixo, e para o mes de febreiro o seu destino serán as instalacións do IES Sanxilllao de Lugo.
A exposición "Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!" encóntrase en Lalín, no CEIP Xesús Golmar, e para febreiro o CEIP Montemogos de Beluso-Bueu e o IES de Ribadeo serán os seus destinos.