Noticias

"Abril de lume e ferro" represéntase no Centro Ágora o sábado 22 de outubro

martires-cartaz-2.jpg

A asociación de teatro e cultura Abril de lume e ferro de Carral será a encarregada da representación desta peza de Manuel María que constitúe unha achega fundamental para a conformación do corpus teatral do teatro galego.

A obra que será posta en escena ás 19 horas do sábado 22 de outubro, recrea os acontecementos que supuxeron o levantamento liberal e galego de 1846 e que remataron co fusilamento das persoas sublevadas, os Mártires de Carral.


 

O texto da obra que a veciñanza de Carral leva ininterrompidamente representando desde hai vinte anos pódese encontrar dixitalizado na páxina web da Casa-Museo, en concreto dentro do apartado de Recuso>Outros.