Fundación Manuel María de Estudos Galegos
- Cerceda
A partir deste luns, 22 de febreiro e até o 2 marzo, en horario de 16 a 21 horas, a sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Cerceda mostrará esta exposición co obxectivo de axudar a coñecer a personalidade e a obra literaria de Manuel María.
Composta de 25 paneis, cada un deles con imaxes, textos do propio autor e unha breve introdución, tenta achegar ás persoas que a visualicen aspectos da biografía de Manuel María, información sobre a súa obra e as temáticas da mesma, así como recoñecementos e homenaxes que recibiu.