Noticias

A S.C. Medúlio de Ferrol retoma este martes 2 de marzo o seu ciclo de conferencias sobre Manuel María

01/03/2016 - Galería Sargadelos, Ferrol

A conferencia será ás 20 horas na Galería Sargadelos ferrolá, na Rúa Rubalcava, 32. Nesta ocasión será impartida por Fran Rei, responsábel de actividades da Casa-Museo Manuel María 

A Sociedade Cultural Medúlio de Ferrol continúa este martes 2 de marzo o seu ciclo de conferencias arredor de Manuel María. Con anterioridade foron Manuel López Foxo, estudioso da obra do poeta e membro do Padroado da Fundación, e Alberte Ansede, secretario da Fundación, quen en senllas palestras debullaron aspectos da súa biografía, da súa prolífica obra literaria ou do intenso traballo que nos últimos meses ten dado na reedición dalgunhas das obras máis emblemáticas do escritor, que se atopaban esgotadas no mercado. 

Nesta ocasión será Fran Rei, responsábel de actividades da Casa-Museo Manuel María, quen achegue ao público ferrolán interesado a perspectiva de Manuel María como poeta popular, faceta esta que se mantén viva no tempo.