Noticias

A Obra Teatral de Manuel María preséntase esta segunda-feira na A.C. Alexandre Bóveda

obrateatralboveda)-2.jpg

Na segunda-feira, 29 de outubro, ás 20 horas, preséntase, desta vez, na Coruña, no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Olmos 16), a OBRA TEATRAL de Manuel María. A publicación, baixo a edición da profesora da UdC, e amiga da Fundación, María Pilar García Negro, recolle nun único volume de setecentas corenta páxinas, a produción teatral de Manuel María. Trinta e tres pezas, moitas delas inéditas ou inaccesíbeis, que dan mostra da súa salientábel e importante achega ao teatro galego e o lugar sobranceiro que a dramaturxia ten na súa obra literaria. 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo