Noticias

A nova edición de "Remol" xa está disponíbel na loxa virtual

capa-recortada.png

A nova edición de Remol, a terceira, que vén de editar a Fundación Manuel María de Estudos Galegos, xa está disponíbel na loxa virtual da Casa-Museo Manuel María.

A obra está composta por corenta e tres poemas distribuídos en cinco partes (manifesto, poemas líricos e intimistas, poemas biográficos, poemas de denuncia e compromiso, e poemas de homenaxe solidariedade coas persoas que se significaron na defensa dos pobos asoballados polo imperialismo) e conta cun prefacio da escritora, cineasta, catedrática de Comunicación Audiovisual, Margarita Ledo Andión, amiga persoal de Manuel María.
Remol foi editado por primeira vez hai 50 anos por Edicións Nós en Bos Aires.