Noticias

A Fundación Manuel María estará presente no Festigal

cartaz-festigal-2018.jpg

16/07/2018

No espazo de Organizacións e Asociacións, a través dun stand, e na Galería das Letras presentando a edición facsimilar da primeira edición d'Os soños na gaiola

O  25 de xullo, a Fundación Manuel María de Estudos Galegos estará presente no Festigal, a través dun stand, presentando novidades e o o traballo que vén desenvolvendo desde a Casa-Museo Manuel Maria. Ás 19 hrs, no espazo Galería das Letras, Montse Presas, profesora da USC, Pepe Barro, deseñador gráfico, e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, presentan a edición d'Os soños na gaiola tirada como conmemoración dos 50 anos da saída deste poemario fundacional da poesía infantil en galego.