Fundación Manuel María de Estudos Galegos
16/12/2015
A Fundación Manuel María fixo hoxe pública a súa tenda online coa que pretende reforzar a difusión da obra literaria do escritor e pór a disposición das persoas interesadas vinte publicacións para a poder ler e coñecer.
A tenda comeza a súa andaina cunha atractiva promoción, ofrecendo tres paquetes de tres libros cun importante desconto sobre o prezo de venda ao público.
A Fundación Manuel María fixo hoxe pública a súa tenda online coa que pretende reforzar a difusión da obra literaria do escritor e pór a disposición das persoas interesadas vinte publicacións para a poder ler e coñecer.
As publicacións que se poñen en venda na tenda virtual, a través dun sistema sinxelo, seguro e intuitivo, tentan representar a produción literaria de Manuel María no que atinxe a temáticas, xéneros e público destinatario. Alén disto, cóntase con algún estudo crítico sobre o traballo creativo do escritor.
A tenda comeza a súa andaina cunha atractiva promoción, ofrecendo tres paquetes de tres libros cun importante desconto sobre o prezo de venda ao público. Así, pódese adquirir, entre outros,un lote formado polo libro de poesía infantil Os soños na gaiola, Uxía canta a Manuel María (CD+52 poemas+DVD) e a escolma Poemas escollidos por tan só 33 euros.
Camisolas, cadernos, postais, marcapáxinas, navallas...relacionadas coa obra de Manuel María son outros elementos que se poden encontrar nas existencias desta loxa.