Noticias

A exposición "Manuel María. Beleza, amor e compromiso" na Biblioteca Municipal Rego da Balsa en Carballo

fotosmanuelmaria_00952.jpg
10/05/2018

Hoxe, ás 20 hrs, inaugúrase esta exposición monográfica sobre Manuel María cunha visita guiada da mostra.

A partir de hoxe, a veciñanza de Bergantiños terá a oportunidade de se achegar á traxectoria vital e literaria de Manuel María a través da exposición monográfica "Beleza, amor e compromiso", que se inaugura na Biblioteca Municipal Rego da Balsa.

Alén disto, o propio espazo da biblioteca municipal de Carballo acolle 12 acuarelas de Leandro Lamas coas que ilustrou 12 poemas do libro "Os soños na gaiola" de Manuel María, que este ano hai 50 anos da súa primeira edición.

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo