Fundación Manuel María de Estudos Galegos
19/03/2016
O Carballiño e Oleiros serán os próximos lugares onde poderá ser visitada
Hoxe sábado, 19 de marzo, é o último día que se vai poder visitar a exposición "Manuel María, a palabra viva" no Auditorio de Rianxo (rúa Autores da Rianxeira, s/n). En concreto en horario de 12 a 13.30 e de 16.30 a 19.30.
A exposición que nos achega á biografía e obra de Manuel María estará no mes de abril no Carballiño e en Oleiros.