Noticias

A exposición "Manuel María. Beleza, amor e compromiso" estará exposta na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña até o 15 de maio

fotosmanuelmaria_00974.jpg

08/05/2016

Outeiro de Rei, Vilalba, Santiago de Compostela, Marín, Noia, Pontevedra, Vigo, Monforte de Lemos, Lugo, Ferrol, Ourense e Celanova, serán os outros concellos por onde pasará esta exposición que condensa os aspectos máis relevantes da vida e da obra de Manuel María.

A exposición que estará exposta até o día 15 de maio na Coruña, en concreto na Biblioteca Miguel González Garcés, e que se visita entre 30 e 40 minutos, é un bo complemento para coñecer e ler a obra de Manuel María.