Noticias

A Casa-Museo Manuel María vén de incorporar novas camisolas e gorras á súa loxa dixital

img_20190728_164705_594.jpg

28/07/2019

Tras presentalas con suceso no Festigal o pasado 25 de xullo

A Casa-Museo Manuel María vén de incorporar á loxa dixital desta web novas camisolas e gorras, tras o suceso na súa presentación no Festigal o pasado Día da Patria Galega.

En concreto son tres modelos con deseños tirados dunhas ilustracións realizadas por Leandro Lamas para celebrar os 50 anos da primeira edición d'Os soños na gaiola e que van acompañados polos versos de Manuel María escritos coa súa propia letra.

Ademais da propia web, as camisolas tamén se poden adquirir na mesma Casa-Museo ou no expositor de esta no festival 27373, en Begonte, que organiza a A. C. Castiñeiro Milenario o sábado 10 de agosto.

Na tenda virtual tamén están á venda unhas gorras que levan serigrafiado Casa-Museo Manuel María. As viseiras son das seguintes cores: negra, branca, azul, vermella, rosa, amarela, branca-vermella, branca-azul e verde.