Noticias

A Casa-Museo Manuel María vén de convocar a IV edición do Concurso de recitado de poesía "Rosalía sempre viva"

vlcsnap-2017-04-03-21h29m45s862.png
07/11/2017

O certame, destinado ao alumnado de ensino non universitario, celebrará a súa fase final o sábado, 10 de marzo

A Casa-Museo Manuel María vén de convocar o Concurso de recitado de poesía destinado ao alumnado de ensino non universitario sobre poemas de Rosalía e Manuel María. O certame celebrará a súa fase final o sábado, 10 de marzo, no auditorio da Casa-Museo.

As bases que se comunicarán aos centros educativos son as seguintes: 

BASES
1.- OBXECTIVO
Este concurso ten como finalidade a potenciación da expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e recitado da obra de Rosalía e de Manuel María, para celebrarmos así o aniversario da nosa escritora máis universal.
 2.- PERSOAS DESTINATARIAS
O concurso ten carácter individual e vai destinado a todo o alumnado galego de Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos. No caso do alumnado de primeiro e segundo curso de primaria tamén poderán participar en grupo. 
3.- CATEGORÍAS
Estabelécense as seguintes categorías: 
1. 1º, 2º e 3º curso de primaria.
2. 4º, 5º e 6º de primaria. 
3. Educación secundaria. 
4. Bacharelato e Ciclos Formativos.
4.- FASES
Contémplanse dúas fases:
Fase de centros:
a) Será organizada por cada centro aténdose unicamente ás bases e condicións que cada un deles estabelecer.
b) Cada centro seleccionará un máximo de 2 alumnos/as por categoría para a súa participación na segunda fase. Na categoría de 1º e 2º curso de primaria poderase seleccionar un grupo (toda a clase ou parte dela), sempre que na segunda fase recitaren un único poema en acto único. 
Fase final:
a) Nesta fase participarán aqueles/as alumnos/as que foren seleccionados/as na primeira fase. 
b) Consistirá no recitado dunha única poesía escollida libremente de entre a obra en galego de Rosalía ou a de Manuel María.
c) Valorarase a autenticidade e naturalidade do recitado, ton, timbre, ritmo, pausas, dicción, inflexión da voz e expresividade. Tamén se valorará a súa memorización e o seu nivel de dificultade.
5.-PRAZOS
1. Os centros participantes deberán facer a súa preinscrición antes do 23 de xaneiro de 2018. Pódeno facer por correo electrónico en contacto@casamuseomanuelmaria.gal. A Casa-Museo confirmará ao centro a recepción da solicitude.
2. En función do número de preinscritos, a organización comunicará aos centros o número de alumnos/as que poden participar na fase final en cada unha das categorías. 
3. Os centros deberán comunicar á Casa-Museo antes do 23 de febreiro o nome dos/as alumnos/as que participan en cada categoría e o poema que recitarán. 
6.-FASE FINAL
a) A fase final celebrarase na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei – Lugo) o sábado 10 de marzo. 
b) O concurso consistirá no recitado dun único poema por cada participante escollido libremente entre a obra en galego de Rosalía ou a de Manuel María. 
7.-O XURADO
a) O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades. Actuará como secretaria unha persoa representante da Casa-Museo Manuel María. 
b) O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso e terá un carácter inapelábel. 
8.-PREMIOS
a) Os premios na primeira fase, caso de os haber, serán determinados e patrocinados por cada centro. 
b) Na segunda fase concederanse catro premios individuais, un por cada categoría, consistentes nun dispositivo electrónico multimedia de uso persoal e diploma. 
c) O xurado poderá conceder Mencións Honoríficas a aquelas persoas participantes que considerar oportuno, recibindo neste caso os/as galardoados/as un pequeno lote de libros. 
d) Todos e todas as concursantes da fase final recibirán un diploma acreditativo de teren participado no Concurso. 
9.-OUTROS REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA FASE FINAL
a) Cada persoa participante deberá enviar a autorización de pais/nais ou titores/as legais para a filmación da proba e posterior divulgación. 
b) O acompañamento do alumnado participante e a súa custodia na fase final correrá por conta das súas familias ou titores/as legais. 
A participación no concurso leva consigo a aceptación destas bases.

 

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo