Fundación Manuel María de Estudos Galegos
16/04/2021
Estará disponíbel para a súa compra nas librarías e na loxa virtual da Casa-Museo a partir do 23 de abril
Vén de saír do prelo o libro "Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas (1957-1997)", edición a cárrego de Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Freixeiro Mato.
A publicación da Casa-Museo Manuel María recolle o epistolario entre estes dous autores fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX. Ambos mantiveron unha intensa relación por correspondencia, nomeadamente na década de 60 e nos primeiros anos da seguinte, que se foi transformando nunha amizade epistolar sustentada no compromiso mutuo coa lingua e a cultura galegas e coas clases populares.