Noticias

A Casa-Museo Manuel María permanecerá fechada entre o 20 de decembro e o 10 de xaneiro

p1110902.jpg

20/12/2014

 O sábado 10 de xaneiro reabrirá as súas portas no horario habitual

 A Casa-Museo Manuel María permanecerá fechada por vacacións desde o 20 de decembro até o próximo 10 de xaneiro, no que reabrirá as súas portas no seu horario habitual de 11 a 14 e de 16.30 a 18.30 horas. 

En consecuencia, non abrirá durante os dous últimos fins de semana de decembro nin durante o primeiro de xaneiro de 2015. 

Aproveitamos a ocasión para vos desexarmos unhas boas festas e un ventureiro 2015.