Fundación Manuel María de Estudos Galegos
23/12/2016
As visitas á casa natal do escritor en Outeiro de Rei retomaranse o sábado 7 de xaneiro
Como vén sendo habitual nos anos precedentes, a Casa-Museo Manuel María manterase fechada ao público durante as fins de semana coincidentes coas festas de Nadal. A actividade retomarase o sábado 7 de xaneiro no horario habitual.
As dúas últimas fins de semana de decembro e a primeira de xaneiro son as únicas en todo o ano en que a Casa-Museo Manuel María fecha ao público.
Aproveitamos a ocasión para vos desexar unhas felices festas e un ventureiro 2017, non sen antes agradecer unha vez máis a multitude de visitas recibidas durante todo 2016, o ano das Letras Galegas para Manuel María, tanto as feitas a título particular como as escolares, de asociacións, de bibliotecas, de concellos...
Este descanso tamén servirá para seguirmos deseñando todo tipo de iniciativas e propostas que sigan dando vida á casa natal do poeta e que á vez sirvan para seguir divulgando o seu legado e a súa obra entre todo o pobo galego.