Noticias

A Casa-Museo Manuel María incorpora bonés e novas camisolas á súa tenda

img_20190714_134235_159.jpg

14/07/2019

Proximamente poderán tamén ser comprados a través da loxa virtual

O sábado 13 de xullo, dentro do Convivio da Cultura Galega, a Casa-Museo Manuel María presentou unhas novas camisolas. Son tres modelos con deseños tirados dunhas ilustracións realizadas por Leandro Lamas para celebrar os 50 anos da primeira edición d'Os soños na gaiola e que van acompañados polos versos de Manuel María, tal e como se poden ver nas imaxes que se achegan.

As camisolas que están para a súa venda na tenda da Casa-Museo, tamén poderán ser adquiridas no vindeiro Día da Patria, dentro do "stand" que terá a Casa-Museo Manuel María no Festigal. Proximamente estarán disponíbeis para ser adquiridas na loxa virtual da Casa-Museo.

O propio sábado, 13 de xullo, tamén se presentaron unhas bonés que levan serigrafiado Casa-Museo Manuel María e que son de cor negra, branca, azul, vermella, rosa, amarela, branca-vermella, branca-azul e verde. Estarán, igualmente, a disposición das persoas interesadas.