Noticias

A Casa-Museo Manuel María estará presente no festival 27373 de Begonte

poster_2017_web.jpg

Organizado pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario, terá lugar este sábado, 12 de agosto, nas instalacións do Club Fluvial de Begonte.

A Casa-Museo Manuel María estará presente este sábado, 12 de agosto, en Begonte, no Festival 27373 que organiza a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario. A Casa-Museo levará un "stand" en que mostrará as últimas publicacións editadas.

O Festival 27373 lévase a cabo nun lugar marabilloso, no Club Fluvial de Begonte, ao pé do río Ladra. A información das distintas actividades para todas as idades, alén dos concertos, pódense ver nas seguintes ligazóns: 

http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/

Deputación de LugoDeputación da CoruñaConsellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaConcello de LugoConcello de OleirosFEADERagaderLEADERMinisterio de Agricultura, Alimentación y Medio AmbienteConsellería do Medio RuralTerras de Lugo