Noticias

A Casa-Museo Manuel María amplía o seu horario até o 1 de outubro

casa-de-hortas-(debuxo-f.-senen).jpg

22/05/2017

De 11 a 14 hrs e de 16.30 a 19.30 hrs será o horario de apertura de todos os sábados, domingos e festivos 

A Casa-Museo Manuel María vén de iniciar desde o 1 de maio o seu novo horario de verán que se vai prolongar até o 1 de outubro inclusive.

Así todos os sábados, domingos e festivos (salvo o Día da Patria Galega) a Casa-Museo permanecerá aberta en horario de 11 a 14 hrs e de 16.30 a 19.30.