Noticias

A Casa-Museo Manuel María abrirá ao público o xoves e venres desta semana durante a mañá e a tarde

img_20141101_121749.jpg

21/03/2016 - Casa-Museo Manuel María, Outeiro de Rei

Búscase facilitar canto posíbel que nun ano tan especial para todo canto ten a ver con Manuel María todas as persoas interesadas poidan aproveitar as xornadas festivas para achegarse á casa natal do escritor en Outeiro de Rei 

A Casa-Museo Manuel María abrirá excepcionalmente as súas portas ao público visitante este xoves 24 e este venres 25 de marzo en horario de mañá e de tarde: en ambos os días o horario será de 11 a 14 horas e de 16.30 a 18.30 horas, é dicir, como o dun sábado. A Casa estará igualmente aberta o sábado e o domingo, como o resto do ano, no seu horario habitual. As visitas serán, como sempre, guiadas. 

Aproveitando as xornadas festivas para abrir ao público nun ano tan especial para todo canto ten relación con Manuel María búscase facilitar canto posíbel que todas as persoas, familias ou grupos interesados poidan vir coñecer a casa natal do escritor en Outeiro de Rei. 

Nesta mesma páxina web dispoñedes de información da situación xeográfica da Casa-Museo e indicacións de como chegar á mesma, así como o importe da visita. 

A Casa-Museo conta cunha tenda onde podedes adquirir fisicamente exemplares de publicacións e outros materiais, que tamén podedes consultar e adquirir a través da nosa Tenda Virtual. 

As visitas particulares non é necesario reservalas. Porén, para calquera tipo de consulta estamos ao voso dispor no correo-e contacto@casamuseomanuelmaria.gal e no teléfono 698 177 621.