Fundación Manuel María de Estudos Galegos
03/12/2019
Vén de editar no día do hoxe o primeiro, titulado "As navallas"
Nos próximos meses, a Casa-Museo Manuel María, coa finalidade dar a coñecer o legado de Manuel María que nela se recolle e promover a súa visita vai tirar unha serie de pequenos documentos audiovisuais.
Hoxe vén de editar o primeiro "As navallas". Nel Felipe Senén, amigo do escritor, lémbranos a afección de Manuel María polas navalliñas. Manuel María levaba sempre consigo varias, apreciaba as das ferrarías de Taramundi e agarimaba as herdadas dos seus.
O vídeo pódese ver na seguinte ligazón